jueves, 25 de marzo de 2010

Morte, vida, aire.

Quero berrar as cousas ben alto, liberarme desta pesadume.Día tras día todo vai medrando lentamente. Xa non o aguanto. Todo o que hai aquí dentro estase a morrer. A cinsa esténdese ás miñas articulacións, ao sangue, aos órganos... dende a miña mente. Teño fame e esquézome dela. Deixo pasar o tempo e todo segue a apodrecerse. Os espellos, a miña mirada, tórnanse borrosos. Os charcos da chuvia reflexan esa distorsión, a miña realidade.

A néboa aparece, e me envolve. Todo vólvese escuro e inhóspito. A falta de pensamento non deixa saída e o meu propio monstruo comeza a trabarme. O camiño xa non ofrece volta atrás, todo semella lonxano. A miña respiración acelérase, mais non hai osíxeno nos meus pulmóns. Quero morrer se aínda hai vida no meu interior. Mirar cara diante, construír unha nova saída... implica coraxe. E eu non o teño. Esquecino onde aqueles sorrisos despreocupados. Morte, vida, aire. Nesa orde? Deixei demasiado no camiño, despreocupeime. Esta vida vaise rematar, seino, os días están contados. Dous telediarios ou unhas palabras. Alí pode estar o meu erro. 
Sen aire, sen bágoas, fin. 
Paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario