E eu,
eu tamén te quero.
E non foi sinxelo
afacerse.
Seguir as normas do teu caracter,
e do meu.
Coñecerte e darme conta da existenza do descoñecido,
dentro de ti, moi dentro
do coñecido.
E non bastan unha,
ou dúas linguas,
unha ou dúas palabras.
Sobra a voz, os sons articulados
e os labios.
E a escuridade fará máis forte
a túa presenza.
Coas miñas mans poderei entón tocarte,
dicirte todo o non escrito,
sen palabras,
e, por que negalo?
amarte.
Poesía en chándal. Castelanismos, tan lonxe e tan cerca á vez.
e, por que negalo?
ResponderEliminaramarte.
:)
Precioso María, encantoume sobre todo a primeira estrofa, gústame moito como queda a palabra "afacerse" :)
ResponderEliminar