miércoles, 24 de febrero de 2010

Sinxeleza.


Sinxeleza. Todo é sinxeleza.
Hai tempo pensaba que o que necesitába limitábase a unha presenza gratificante, a conversas tribales e mirar o ceo sen preocuparse de se te están a mirar a ti.
Levanto a vista cara o ceo, agora, soa, e pregúntome, ¿por que?
Non son quen de pronunciar as palabras que quero dicirche. Pode ser o medo ou a marcha das ganas de loitar. Todo é moito máis difíciles agora que xa non sei que escondes, ou ben se todo o escondido deixoume olvidada nun caixón. Un caixón que pode estar perdido nunha das salas, detrás dunha das portas, lonxe, moi lonxe xa do teu corazón. É todo depresión, hastío, falta... quizais sexa só un día no que a miña cabeza non está para pensar outra cousa. Mais pode tamén ter a súa base.
Non quero que a teña.
Crín que quería encontrar a naturalidade na sinxeleza, todo é sinxeleza. Pero a miña mente non é así. Un universo perdido, unhas escaleiras cheas de po, brazos, mans, sentidos, tacto, gusto... e os teus beizos ao fondo, e sen esquecelos aínda. Querendo relevalos ao olvido enterreinos máis profundo do que quería, no lugar menos indicado. “A coller a pa a desenterralos, bótaos fóra xa para sempre” decíanme algúns... ilusos, eu non quero iso.
E, ¿por que? Iso é o que máis me pregunto. Que fixeches ti que non fixera eu. E por que se os teus erros non os pagaches co olvido, por que ten que pasarme a min. Se nin sequeira o sei, non teño idea de nada. Quedeime no limbo cando intentei fuxir do futuro, rechazalo, coller o bus outra vez o pasado. E fuxindo do presente quedei aquí, sen idea de nada, só sinxeleza.
Agora a escaleira de miña mente é cristalina, clara, non hai pó... e vénse aínda máis claros os teus beizos ao fondo. Coma na gran pantaia proxéctanse imaxes en todas as esquiñas, recordos, e máis recordos. E eu aínda véxoos con agarimo, sorpréndome a min mesma coa sonrisa de parva e un suspiro de quinceañeira enamorada.
Quizais son iso, así de sinxelo.
Sinxeleza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario